Centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües e ciclos autorizados. Convocatoria 2022/23

Publicada a relación de centros educativos e ciclos formativos que serán plurilingües no curso 2022/23. Nestes ciclos impártese polo menos un módulo profesional de primeiro curso e outro de segundo curso en lingua estranxeira, e ademais impártense horas adicionais de formación lingüística en dita lingua en cada un dos cursos.

Esta actuación encádrase dentro do Programa de Cooperación Territorial «Plan de Modernización de la Formación Profesional», e da Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030; e poderá ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do programa de cooperación territorial «Plan de modernización de la formación profesional», destinado ao redimensionamento da oferta de formación profesional, no marco do Compoñente 20 «Plan estratéxico de impulso da formación profesional», do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

Etiquetas: