Asociacións estratéxicas de Formación Profesional
O programa Erasmus + axuda ás institucións de Formación Profesional a crear Asociacións Estratéxicas con outras organizacións e empresas e a establecer así relacións sólidas co mundo laboral. En xeral, contribuirá a mellorar as posibilidades de emprego e as habilidades persoais e, deste xeito, a potenciar a competitividade da economía europea. As Asociacións Estratéxicas teñen como obxecto apoiar o desenvolvemento, a transferencia ou a implementación de prácticas innovadoras e a execución de iniciativas conxuntas de fomento da cooperación, a aprendizaxe entre iguais e o intercambio de experiencias a escala europea.
Dependendo dos obxectivos e da composición da Asociación Estratéxica os proxectos poden ser de dúas clases:
- Asociacións Estrátexicas de apoio á innovación.
- Asociacións Estratéxicas de apoio ao intercambio de boas prácticas.