Edugal. Pontevedra 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa en Edugal Pontevedra 2020, a novena edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra durante os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2020.

No expositor de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación relacionada con:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias pofesionais
  • Emprendemento Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional Dual

Na zona de exposición tamén está presente unha representación de centros galegos de formación profesional, ademais dun espazo de realidade virtual con gafas 3D coas que os asistentes poderán achegarse a coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Edugal. Pontevedra 2020
  • Edugal. Pontevedra 2020
  • Edugal. Pontevedra 2020
  • Edugal. Pontevedra 2020
  • Edugal. Pontevedra 2020
Multimedia: