Edugal. Pontevedra 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa en Edugal Pontevedra 2019, a oitava edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra desde o 27 de febreiro ata o 1 de marzo de 2019.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación relacionada con:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias pofesionais
  • Emprendemento Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional Dual

Na zona de exposición tamén está presente unha representación de centros galegos de formación profesional, ademais dun espazo de realidade virtual con gafas 3D coas que os asistentes poderán achegarse a coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Edugal. Pontevedra 2019
  • Edugal. Pontevedra 2019
  • Edugal. Pontevedra 2019
  • Edugal. Pontevedra 2019
  • Edugal. Pontevedra 2019
  • Edugal. Pontevedra 2019
Multimedia: