Admisión FP 2026-2027

As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Cada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado. Consulte as instrucións xerais e os calendarios.

Nas seguintes ligazóns está dispoñible unha guía rápida de cada proceso.


Na seguinte ligazón está dispoñible as 50 notas de corte máis altas da primeira adxudicación dos ciclos de grao superior para o curso 2026-2027.
Etiquetas: 
Tema: