Admisión a cursos de especialización de FP. Curso 2022/2023

No vindeiro curso 2022-2023 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional en Galicia.

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir, utilizando o asisntente web, unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude no que poden darse tres circunstancias:

  • Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitudes (Pendente de actualización)
  • Listaxe definitiva de solicitudes (Pendente de actualización)
  • Adxudicación de prazas (Pendente de actualización)
Etiquetas: 
Tema: