Admisión a cursos de especialización de FP. Curso 2021/2022

No vindeiro curso 2021-2022 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional  en Galicia.

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir, utilizando o asisntente web, unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude no que poden darse tres circunstancias:

  • Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
  • Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña".

As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada dun curso de especialización empregarase o seguinte modelo:

Adxudicación continuada. No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule durante o período establecido e nese curso de especialización haxa lista de espera, o centro procederá a chamar as persoas que se atopen na lista de espera polo proceso de adxudicación continuada.

Prazas liberadas.

Ábrese o prazo de matrícula en cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles ata o día 24 de setembro ás 13:00 horas. Para matricularse nun curso de especialización con prazas dispoñibles a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o curso correspondente. A matrícula en calquera curso de especialización con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión de formación profesional e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas de calquera réxime, modalidade e grao.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada empregando o seguinte modelo.

Etiquetas: 
Tema: