Convocatoria 2020

Acceso á información xeral das probas de acceso a grao superior

Máis información

Introdución

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)

Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2020

Unha vez publicada a Resolución do 24 de maio de 2020 quedan establecidas novas datas para a realización da proba de acceso a grao superior e para a publicación das correspondentes listaxes. Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Composición dos tribunais

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Ligazón á aplicación informática

- Instrucións para a confección da solicitude

- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa (Anexo X)

Listaxes da convocatoria 2020 

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2020.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2020.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisional desde o día 17 ao 19 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

- Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias

  • Listaxe definitiva
    A partir do 26 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2019-2020).

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2020

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)

Etiquetas: 
Tema: