Convocatoria 2017

Introdución

- ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2017

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

- Calendario das probas de acceso

Composición dos tribunais

Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2017.

- Acceda ao documento

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Ligazón á aplicación informática

 Relación de documentos de interese

Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:

- Modelo de solicitude de inscrición (acceso ao documento en formato PDF)
- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
- Solicitude de corrección do documento de identificación

Listaxes da convocatoria 2017

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2017.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2017.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 8 ao 10 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias

  • Listaxe definitiva
    A partir do día 5 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera centro público con oferta de formación profesional.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2017

Etiquetas: 
Tema: