A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publica unha nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano ten como obxectivo potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, a situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, a súa época histórica.
A convocatoria está dirixida a todos os centros docentes de ensino público non universitario de Galicia, que poderán concursar na categoría que lles corresponda entre as dúas que se establecen:
- categoría A para infantil e primaria
- categoría B para educación secundaria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais. Os centros educativos en que se imparta infantil, primaria e secundaria poderán concursar en ambas as categorías.
O prazo de participación remata o 22 de xaneiro de 2019.
Máis información [1]