XXV Premios de Publicidade en galego

Os Premios de Publicidade en galego, que en 2018 acadan a súa XXV edición, incorporan este ano unha categoría extraordinaria que recoñecerá proxectos elaborados por alumnado de centros educativos e que se sumará ás catro que se viñan recoñecendo ata o de agora: radio, televisión, internet e prensa escrita. Os galardóns teñen como obxectivo promover a publicidade en lingua galega e encádranse nas directrices do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020.

Na modalidade educativa, premiaranse os traballos realizados polo alumnado dos centros educativos especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade durante o curso 2017-2018.

O prazo de inscrición na convocatoria estará aberto ata o 11 de outubro de 2018 e os premios entregaranse no mes de novembro deste ano, coincidindo coa celebración do Día da galeguidade empresarial.

Bases

Toda a información

Palabras clave: