XVIII Premio Luís Freire

Investigación científica na escola

O Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, dirixido a estudantes de Galicia, foi instaurado polos Museos Científicos Coruñeses para promover entre os estudantes galegos valores como a creatividade e a imaxinación científicas, a constancia ou o espírito crítico.

A participación pode ser a través de dúas modalidades:

 

  • Investigación científica en Educación Primaria.
  • Investigación científica en Educación Secundaria Obrigatoria.

Os premios comprenden, ademais de diversos aparellos tecnolóxicos (como iPad Air ou iPad mini), unha visita especial ao Aquarium Finisterrae para os premiados na modalidade de Primaria, e a presentación dos traballos gañadores nas dúas modalidades na feira científica Galiciencia que se celebrará en novembro de 2017 en Ourense.

Toda a información nesta ligazón.

Bases da convocatoria