Proxecto Primavera das Letras

Como celebraron os alumnos e alumnas de infantil e primaria o Día das Letras dedicado a María Victoria Moreno?

A Real Academia Galega quere coñecer e compartir as experiencias desenvolvidas nos centros educativos sobre a autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018 a través do proxecto web Primavera das Letras, que este ano convoca a segunda edición do certame "Contádenos o voso Día das Letras".

O prazo de presentación das iniciativas permanecerá aberto ata o vindeiro 22 de xuño. Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe enviando as ligazóns correspondentes ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal.

Todas as iniciativas serán compartidas na web do proxecto Primavera das Letras. Sortearanse lotes de libros e todos os centros participantes recibirán un diploma de participación.

Bases do concurso “Contádenos o voso Día das Letras”

Máis información

Palabras clave: