Programa Acércate 2018

XIII edición

O CNIC (Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III), dentro do seu Plan de Formación CNIC-NOVA, que pretende achegar a investigación biomédica á mocidade e crear unha canteira de futuros investigadores de excelencia na área cardiovascular, lanza a décimo terceira convocatoria do seu Programa Acércate 2018.

Este Programa está destinado a estudantes de ensino secundario no segundo curso de bacharelato, na modalidade de Ciencias (Ciencias da Natureza e Saúde) cunha nota media tanto de primeiro como de segundo de bacharelato de 10 ou Matrícula de Honra.

Os alumnos interesados en participar no programa deben concorrer de forma individual e desenvolverán o período formativo nas instalacións do CNIC desde o luns 17 ao venres 28 de xullo de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 08 de xuño de 2018.

Máis información

 

Palabras clave: