Premio de Narrativa Breve Repsol

XII edición

Co fin de dinamizar o uso do galego e o desenvolvemento da narrativa escrita na lingua propia de Galicia, a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Área Institucional da Fundación Repsol establecen un convenio de colaboración para a organización do XII Premio de Narrativa Breve Repsol. Ao certame poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en galego, axustada á normativa establecida pola Real Academia Galega.

As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. A contía do premio (12 000 €) inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, que serán publicados pola Editorial Galaxia.

O envío de orixinais deberá realizarse antes do 31 de xullo de 2018.

BASES