Gotas para Níxer

Edición 2018

As carreiras de gotas son unha actividade deportivo-festiva que permite aos centros educativos unir a alumnado, docentes e familias no logro dun obxectivo común: mellorar a supervivencia infantil en Níxer a través de mellora do acceso a auga, hixiene e saneamento da poboación.
Todos os centros educativos están invitados a participar. A inscrición e os materiais que se ofrecen son gratuítos. Cada centro pode personalizar a actividade como crea conveniente. O fundamental é que os participantes entendan e valoren a achega que pode facer no logro dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo.
Pasos a seguir para participar:
    1. Cumprimenta o formulario de inscrición.
    2. O centro recibe por correo os dorsais e pulseiras para os participantes.
    3. O centro decide a data e o lugar de celebración da proba e deseña o circuíto. A semana do 22 de marzo, Día Mundial da Auga, pode ser unha data idónea, pero calquera outra é benvida.
    4. Comparte os resultados no blog de UNICEF Educación onde podes publicar fotos ou vídeos das actividades realizadas.

 

Palabras clave: