Los profes también cuentan

Concurso literario escolar

 

Ecoembes convoca o 2º concurso escolar "Los profes también cuentan", dirixido a todo o profesorado de educación primaria de España. A inscrición e o envío de materiais debe facerse no formulario accesible na páxina web antes do 3 de febreiro de 2013.

A finalidade do concurso é apoiar a todos os docentes con inquedanzas literarias, así como fomentar entre o seu alumnado aquelas actividades relacionadas coa lectura, promovendo a reciclaxe de envases de plástico e latas, así como envases de papel e cartón.

Segundo as bases do concurso os contos enviados deberán ser obras orixinais e inéditas, escritas en castelán e que non foran anteriormente premiadas. Ademais, deberán reunir os seguintes requisitos:

  • narrar a historia dun superheroe protector do medio ambiente.
  • estar enfocados á reciclaxe de envases,
  • estar dirixidos a alumnado de educación primaria.
  • ter unha extensión de entre 400 e 800 palabras.

O xurado, presidido por Carmen Posadas e Forges, escollerá os 10 mellores traballos, que serán publicados e, entre estes, seleccionará un gañador que terá como premio colectivo para toda a clase participante unha estancia nun parque infantil. Ademais, o conto gañador servirá de guión para a a gravación dunha curta de animación basada nel.

 

Bases do concurso