II Xornada sobre variación e cambio lingüístico
Data:
xoves, 15 de xuño de 2023
Lugar:
Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega organiza esta Xornada, que pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas.
Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación.
O encontro celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.