I Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino

Data: 
Desde xoves, 13 de abril de 2023 ata venres, 14 de abril de 2023
Lugar: 
A Coruña

O Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da Universidade da Coruña (ILLA) organiza estas xornadas que se celebrarán os vindeiros días 13 e 14 de abril, en sesión de tarde, na sala de xuntas da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Inscrición ata o 12 de abril a través do enderezo clourenzo@udc.gal indicando nome, apelidos e número do documento de identidade.

As persoas asistentes recibirán un certificado de participación emitido pola Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente da UDC.

 

Máis información