VI Congreso de Lingüística Clínica
Da Biolingüística á Logopedia
Data:
Desde luns, 14 de marzo de 2022 ata mércores, 16 de marzo de 2022
Lugar:
Santiago de Compostela
O VI Congreso Internacional de Lingüística Clínica pretende institucionalizar o campo das disfuncións comunicativas en coordenadas teóricas de Biolingüística e en dimensións prácticas de Logopedia.
Ademais de dous simposios, o congreso defínese en torno a dous eixes orientadores:
- a relación cerebro-linguaxe-conduta.
- a cuestión metodolóxica do manexo de repertorios de datos.
A inscrición no VI Congreso Internacional de Lingüística Clínica debe facerse cubrindo o "Formulario de inscrición", ao que se pode acceder na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/congresos/vicilc