ICLL 2022
XXI Coloquio Internacional de Lingüística Latina
Data:
Desde luns, 30 de maio de 2022 ata venres, 3 de xuño de 2022
Lugar:
Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela acolle este encontro internacional sobre lingüística latina organizado en colaboración coa Facultade de Filoloxía e o Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana.
O coloquio comezará o luns 30 de maio ao mediodía (recollida de material desde as 14:30 h. e sesión inaugural ás 16:00 h.).
As comunicacións presentaranse desde o martes 31 ata o venres 3 de xuño (sesión e cea de clausura). O encontro incluirá un programa cultural.