Maker Faire Galicia 2020

Data: 
Desde mércores, 18 de novembro de 2020 ata domingo, 22 de novembro de 2020
Lugar: 
Evento virtual

Do 18 ao 22 de novembro de 2020 terá lugar a sexta edición, e primeira virtual, da Maker Faire Galicia 2020, que se celebra co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Este evento supón un escaparate para a creatividade e o enxeño, que este ano inclúe, como novidade, unha xornada exclusivamente centrada na innovación educativa.

A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as idades, ademais de participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.

Durante os cinco días da Maker Faire Galicia 2020, a plataforma do encontro, á que xa se pode acceder rexistrándose de balde, dará opción ás persoas visitantes circular, dun xeito similar ao coñecido sistema do Google Street View, polo interior do Museo Gaiás, podendo informarse sobre os diferentes proxectos expostos e conectando en directo cos seus promotores.

Toda a información

Palabras clave: