Igualdade e retos

Xornada de formación adicada á igualdade e ás boas prácticas desde o ámbito educativo.
Data: 
sábado, 9 de marzo de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 9 de marzo celebrarase na EGAP (Santiago de Compostela) esta xornada coa que se pretende acadar os seguintes obxectivos:

  • Afondar no modelo coeducativo e introducir a perspectiva de xénero nas dinámicas educativas.
  • Coñecer prácticas educativas sobre igualdade que se desenvolven en centros educativos.
  • Visibilizar referentes femininos en entornos profesionais tradicionalmente masculinos.

Os contidos que se traballarán son:

- O modelo coeducativo.

- Boas pácticas educativas en igualdade.

- A muller como referente en entornos profesionais tradicionalmente masculinos.

Inscrición en fprofe ata o 5 de marzo (código da actividade G1802070).

 

 

Arquivos adxuntos: