Xornadas de fraseoloxía multilingüe na aula

Data: 
Desde venres, 4 de maio de 2018 ata sábado, 12 de maio de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Facultade de Filoloxía da USC organiza  estas Xornadas co obxecto de establecer un espazo de traballo e reflexión conxunta sobre a fraseoloxía entre o profesorado de linguas, tanto de lingua materna coma estranxeira. Ademais de ser fundamentais para lograr o dominio instrumental dunha lingua, son unha valiosa ferramenta na aula para dar a coñecer ao alumnado as particularidades socioculturais de cada comunidade lingüística.

Están destinadas ao profesorado de ensino secundario e bacharelato das distintas linguas e ás persoas interesadas polo ensino e a aprendizaxe das linguas e as súas literaturas.

Nas Xornadas combinaranse sesións de carácter expositivo e práctico, desde a presentación de materiais que facilitan a aprendizaxe autónoma até obradoiros para a súa elaboración. Isto realizarase da man de profesionais especializados no ensino de galego, castelán e doutras linguas europeas (francés, inglés e portugués), sen esquecer a base común das linguas clásicas.
 

Datas: 4, 5 e 12 de maio de 2018.

Lugar: Facultade de Filoloxía da USC (4 de maio) e Mupega (5 e 12 de maio).

A inscrición é gratuíta e remata o 2 de maio de 2018.

Máis información