Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero

Data: 
sábado, 26 de maio de 2018
Lugar: 
Pontevedra

A Escola de Igualdade María Vinyals, da Deputación de Pontevedra, organiza a Xornada "Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero", que se celebrará o sábado 26 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os obxectivos que se perseguen son:

- Dar a coñecer os resultados dun traballo de investigación, inserido no Proxecto REDES da Universidade de Vigo, relativo a diferentes aspectos da violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia, que constitúen unha cara oculta da violencia de xénero.

- Ofrecer a visión de diversas expertas nos ámbitos da psicoloxía, da educación, da saúde, da xustiza e do asociativo.

- Proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención e a intervención en diferentes ámbitos.

Información e inscrición