II Xornadas de educación e patrimonio

Experiencias e prácticas de Educación Patrimonial en Galicia
Data: 
Desde xoves, 19 de abril de 2018 ata sábado, 21 de abril de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no contexto do programa do Plan Proxecta ”Educación Patrimonial”, organiza unha actividade de formación para profesores interesados en traballar co patrimonio cultural como recurso transversal nas súas programacións curriculares.

As II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia celebraranse en Santiago de Compostela, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, os días 19, 20 e 21 de abril de 2018. O seu obxectivo é propiciar un diálogo entre profesionais do ámbito da  investigación, a docencia e a xestión do patrimonio e servir para crear vínculos entre profesores interesados en desenvolver proxectos de educación patrimonial nos seus centros.

A celebración deste evento pretende servir de punto de encontro para o desenvolvemento de novos proxectos que poñan o punto de mira na creación de identidades e a posta en marcha de procesos de patrimonialización, creando una conciencia social de respeto e interés por el patrimonio cultural. O fomento desta conciencia social cara o patrimonio dende o ámbito escolar suliñará o seu potencial como recurso educativo transversal tanto na adquisición de competencias clave como na educación en valores.

Acceso ao programa no documento adxunto.