II Congreso Nacional Scientix 2019

Data: 
Desde sábado, 2 de febreiro de 2019 ata domingo, 3 de febreiro de 2019
Lugar: 
Madrid

Scientix é un proxecto xestionado pola European Schoolnet (EUN) que facilita o intercambio de coñecementos técnicos e exemplos prácticos do ensino das ciencias na Unión Europea. O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) actúa como punto nacional de contacto en España para este proxecto.
No marco das accións de formación que ofrece, durante os días 2 e 3 de febreiro de 2019 terá lugar o II Congreso Nacional Scientix 2019 nas instalacións do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía en Alcobendas (Madrid), organizado conxuntamente polo INTEF e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). O evento, especialmente dirixido ao profesorado, terá como obxectivo principal compartir metodoloxías, recursos e exemplos prácticos de ensino e aprendizaxe na área CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

 

Máis nformación