XVI Xornadas de Tecnoloxía

Data: 
Desde venres, 21 de abril de 2017 ata sábado, 22 de abril de 2017
Lugar: 
Verín (Ourense)

Os vindeiros 21 e 22 de abril terán lugar, no IES Xesús Taboada Chivite de Verín, as XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

Entre outras temáticas falarase de deseño e impresión 3D, Linux, Arduino ou Raspberry Pi.

O prazo de inscrición remata o luns 17 de abril de 2017.

Máis información