Xornadas sobre Linguaxe e investigación científica

Papel da linguaxe na Ciencia Básica e a Ciencia Aplicada
Data: 
Desde xoves, 9 de marzo de 2017 ata venres, 10 de marzo de 2017
Lugar: 
Ferrol (A Coruña)

O Campus de Ferrol acollerá os vindeiros días 9 e 10 de marzo as XXII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, que nesta edición levan como título “Xornadas sobre Linguaxe e investigación científica: papel da linguaxe na Ciencia Básica e a Ciencia Aplicada”.

Coordinadas polo catedrático do departamento de Humanidades da Universidade da Coruña, Wenceslao J. González, co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España e a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, acollen como relator principal a Jeffrey Barret, da Universidade de California en Irvine, editor de Philosophy of Science, a revista oficial da Sociedade Americana de Filosofía da Ciencia. O programa contempla tamén unha mesa redonda e sesións de comunicacións.

PROGRAMA