Xornada internacional de educación infantil

Infancia, ética e cidadanía
Data: 
sábado, 8 de Xullo de 2017
Lugar: 
Barcelona

A asociación de mestres Rosa Sensat, un movemento de renovación pedagóxica cuxo obxectivo é a difusión de teorías e prácticas pedagóxicas orientadas ao desenvolvemento global da persoa, baseadas no respecto pola personalidade do neno e a súa liberdade, e promotora da participación activa dos nenos e nenas na súa propia aprendizaxe, organiza esta xornada que se celebrará en Barcelona o sábado 8 de xullo. Contará coa presenza de diversos expertos que tratarán nas súas intervencións asuntos como os procesos de inclusión e exclusión de nenos e familias en contextos de alta diversidade cultural e social ou as últimas investigacións sobre currículo e educación infantil.

A xornada poderá seguirse tamén por streaming.

Máis información