Tribos emocionalmente intelixentes

II edición
Data: 
Desde xoves, 9 de marzo de 2017 ata luns, 3 de abril de 2017
Lugar: 
A Coruña

Tras o éxito do ano pasado, a Fundación María José Jove pon en marcha, na súa sede da Coruña, a II edición de Tribos emocionalmente intelixentes, un novo programa de educación das emocións para familias, menores e docentes. Impártese coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A actividade é gratuíta previa inscrición e as prazas son limitadas.

Os obxectivos que se pretende acadar nesta actividade son:

  • Facilitar recursos ás familias para axudalas no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
  • Ensinar aos nenos e nenas e adolescentes a xestionar as súas emocións.
  • Potenciar no profesorado habilidades para xestionar as emocións na aula.

As datas de celebración para o profesorado son: 9, 16, 23, 30 de marzo e 3 de abril, de 17h a 21h.

Máis información