E irei, madr’, a Vigo

Simposio Internacional
Data: 
Desde xoves, 23 de novembro de 2017 ata venres, 24 de novembro de 2017
Lugar: 
Vigo

O auditorio do edificio Cambón, no casco vello de Vigo, acollerá este simposio os días 23 e 24 de novembro de 2017. O encontro, organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, contará coa presenza de destacadas figuras internacionais expertas en lírica medieval como Vicenç Beltran, Yara Frateschi, António Resende de Oliveira, Antonio Ciaralli, Ria Lemaire ou Rip Cohen, que afondarán no estudo do Pergamiño Vindel e das cantigas de Martin Codax e achegarán este coñecemento á sociedade.

Máis dunha ducia de intervencións sucederanse durante os dous días do simposio, que está dirixido a calquera persoa interesada na literatura, na lingua, na música, na tradición manuscrita e, en xeral, na cultura do medievo.