I Congreso Nacional de Neurociencia aplicada á educación

Data: 
Desde mércores, 26 de abril de 2017 ata venres, 28 de abril de 2017
Lugar: 
Madrid

Este Congreso pretende ser un foro de encontro e discusión conxunto, para docentes e especialistas que difundan e compartan os seus coñecementos, experiencias e investigacións no ámbito da neurociencia aplicada á educación. Dirixido a docentes de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato e estudantes de Grao en Maxisterio e do mestrado de Formación do Profesorado, celebrarase no salón de actos da Residencia de Estudantes de Madrid co fin de acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Impulsar e promover a neurociencia aplicada á educación a través da presentación do Plan Nacional de Neurociencia aplicada á Educación do MECD.
  • Difundir e compartir coñecementos, investigacións, experiencias, iniciativas e boas prácticas, tanto institucionais como persoais, no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
  • Formar o profesorado das etapas educativas non universitarias e aos futuros docentes neste campo para que melloren as súas competencias profesionais docentes.

O prazo de inscrición remata o 31 de marzo de 2017.

Toda a información nesta ligazón.

PROGRAMA