ConCiencia 2017

Data: 
mércores, 19 de Xullo de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, en colaboración coa Bienal da Real Sociedad Española de Física, reciben na súa duodécima edición a Serge Haroche, Premio Nobel de Física 2012 "por innovadores métodos experimentais que permiten a medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais".

Nos anos 80, Serge Haroche marcouse como obxectivo algo que parecía imposible: observar directamente partículas cuánticas individuais sen destruílas. Conseguiuno deseñando enxeñosos experimentos con láseres para estudar fenómenos cuánticos cando a luz interacciona coa materia. O seu traballo na chamada óptica cuántica supón un dos primeiros pasos para a construción de computadores extraordinariamente rápidos baseados en física cuántica.

A conferencia Como se nutren mutuamente a investigación fundamental e a innovación tecnolóxica terá lugar o mércores 19 de xullo de 2017, ás 20.00h, no auditorio Abanca situado na rúa Preguntoiro 23 (Santiago de Compostela).

A entrada é libre, ata completar aforo, con tradución simultánea.

Máis información