Atención educativa ao alumnado inmigrante. Experiencia e innovación

A Educación Física e o deporte como eixo de convivencia intercultural
Data: 
Desde venres, 3 de novembro de 2017 ata sábado, 4 de novembro de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Grupo de Investigación ESCULCA da USC, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza este XI Seminario Nacional que se celebrará os días 3 e 4 de novembro de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela.

Os obxectivos que se perseguen son, entre outros:

- Ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que están traballando en dimensións prácticas da atención educativa á diversidade cultural.

- Continuar coa consolidación dun foro estable sobre investigación e innovación na atención educativa á diversidade cultural, coa participación de universidades, centros educativos, asociacións de profesores e axencias cívico-sociais.

- Procurar o coñecemento e a posta en valor de proxectos educativos vinculados á xestión da diversidade cultural desde o ámbito da Educación Física.

- Axudar á difusión de ideas e proxectos socio-educativos que teñan que ver coa mellora organizativa e curricular dos centros de ensino.

- Animar a participación dos profesionais da educación que desenvolven programas en centros para que poñan en valor social as experiencias e as boas prácticas que realizan, impulsando a comunicación e publicación das mesmas.

PROGRAMA

Formulario de inscrición

GI ESCULCA