AIDIPE 2017

Interdisciplinaridade e transferencia
Data: 
Desde mércores, 28 de xuño de 2017 ata venres, 30 de xuño de 2017
Lugar: 
Salamanca

A Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica (AIDIPE), en colaboración co Instituto Universitario de Ciencias da Educación (IUCE) da Universidade de Salamanca, organizan AIDIPE 2017, XVIII Congreso Internacional de Investigación Educativa: Interdisciplinaridade e transferencia, que se celebrará na Hospedería do Colexio Arcebispo Fonseca da Universidade de Salamanca (España) os días 28, 29 e 30 de xuño de 2017.
AIDIPE 2017 eríxese como un espazo idóneo para promover a reflexión e intercambio de ideas en torno ao reto da transferencia (innovación, empregabilidade e cambio social) nunha sociedade profundamente complexa e global, ante a crecente esixencia de impacto e produtividade no contexto científico.
Trátase dun foro de debate e intercambio de experiencias de nivel internacional  onde, ademais, farase especial mención ao papel que a tecnoloxía xoga na investigación educativa nas diferentes etapas como obxecto de coñecemento, ferramenta e motor de impulso e diseminación de proxectos e de resultados.
Igualmente, pretende promover como alicerce fundamental nesta edición o impulso e achegamento dos mozos investigadores, protagonistas do futuro da investigación educativa, a estes encontros de carácter científico. Froito desta idea xorde o Encontro de Doctorandos e Investigadores Noveis AIDIPE, como vía para animar a estas persoas para integrarse na comunidade científica.

Máis información