XVIII Encontros para a normalización lingüística

Nas bocas do futuro: mocidade e lingua
Data: 
Desde xoves, 14 de abril de 2016 ata venres, 15 de abril de 2016
Lugar: 
Santiago de Compostela

Desde o ano 1998, o Consello da Cultura Galega vén organizando anualmente os Encontros para a normalización lingüística, un simposio no que se abordan, de forma aberta e participativa e desde múltiples perspectivas, cuestións teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto de maneira prioritaria na extensión do uso social da lingua galega.

Nesta nova edición, que se celebrará os días 14 e 15 de abril no Consello da Cultura Galega, a comisión organizadora volve a poñer a atención sobre os comportamentos lingüísticos da mocidade analizados desde unha perspectiva multidisciplinar. Tamén serán obxecto de reflexión os recursos dixitais xerados para a promoción do uso do galego e ábrese, ademais, unha liña de avaliación dos recursos.

Con antelación ás sesións presenciais, haberá ocasión de debater en liña a través dos dous grupos de Facebook, que se crearán ao fío destes dous temas propostos.

A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado para este efecto e as prazas cubriranse por estrita orde de solicitude.

PROGRAMA