Ensinando a investigar

Data: 
Desde luns, 10 de marzo de 2014 ata martes, 1 de abril de 2014
Lugar: 
A Coruña e Vigo

O curso Ensinando a investigar ten como obxectivo que o profesorado de secundaria adquira técnicas e destrezas que lles permitan iniciar os seus alumnos na investigación.

Estruturado en dous bloques formativos, no primeiro os contidos céntranse no desenvolvemento do proxecto de investigación na aula de secundaria, e no segundo na presentación do traballo a concursos e feiras científicas para estudantes.

A metodoloxía será eminentemente práctica, combinando as explicacións teóricas coa realización de experimentos e actividades que posteriormente se poderán implementar na aula.

Data, hora e lugar de celebración:

10, 11, 17 e 18 de marzo na Fundación Barrié, sede A Coruña (Cantón Grande, 9)

24, 25, 31 de marzo y 1 de abril na Fundación Barrié, sede VIGO (Policarpo Sanz, 31)

Horario: de 17.30h a 19.30h

Máis información e inscricións AQUÍ