Skip to Content

Instalar Virt-Manager en Debian e en Arch

 

Xa estamos de volta das vacacións. Continúo coa labor dos cursos anteriores, a de difundir pequenos manuais para aprender curiosidades do software libre, á vez que enredamos co equipos informáticos no tempo de lecer. Aínda que non recibo ningún tipo de feedback (martindetecnoloxia@gmail.com), agardo que vos guste a temática e pasedes un cacho agradable neste espazo web. Sen máis metémonos coa materia:

Moitas veces gustaríanos contar cunha máquina para probar distintas configuracións, instalar e desinstalar sen medo a danar  o sistema operativo, etc. No caso de ser docentes da materia de informática, é probable que queirades ensinar diferentes sistemas operativos, configuracións de rede, etc. Coa axuda as máquinas virtuais o alumnado pode instalar e probar distintas distribucións, administrándoas da maneira que desexen. Vexamos con se instala o xestor de máquinas virtuais Virt Manager, que destaca pola súa simplicidade.

 

1. Instalación en Debian

No caso de Debian o proceso de instalación do Xestor de Máquinas, Virtuais Virt-Manager, resulta moi sinxelo:

sudo apt install virt-manager

E seguidamente, engadiremos as contas de usuario que desexamos que poidan crear diferentes máquinas virtuais. 

sudo usermod -a -G libvirt usuario

Para poder compartir o portapapeles para copiar e pegar teremos que instalar a seguinte aplicación:

sudo apt install spice-vdagent

 

2. Instalación en Arch Linux

Para Arch Linux a instalación non é tan sinxela, pero contaremos con dous tipos de contenedores diferentes, o LXC e o QEMU/KVM

sudo pacman -Syy
sudo pacman -S archlinux-keyring
sudo pacman -S qemu virt-manager virt-viewer dnsmasq vde2 bridge-utils libguestfs
sudo usermod -a -G libvirt $(whoami)
sudo systemctl enable libvirtd.service
sudo systemctl start libvirtd.service
comprobamos que o servizo está activo:
sudo systemctl status libvirtd.service

Activamos e configuramos por defecto a rede network 'default'

sudo virsh net-autostart default
sudo virsh net-start default 

3. Funcionamento básico

Podemos crear as máquinas que desexemos, incluso clonalas. e pinchando en Editar > Detalles da  máquina virtual, visualizamos o escritorio da mesma.

Coa axuda do terminal podemos consultar a ip da máquina virtual, e coñecida esta, podemos conectarnos á mesma desde a máquina anfitrión coa axuda de SSH ou transferir ficheiros con SCP, por exemplo:

ssh root@192.168.122.4

 



page | by Dr. Radut