Logotipo do centro persoalizado
A ter en conta
- O formato da imaxe debe ser jpg ou png
- É recomendable que non se pase dos 150 de alto ou ancho (píxeles)
- Esta acción só pode facela o administrador da web ou un usuario con permisos de administrador (xeralmente un cargo directivo ou o coordinador TIC)
Pasos a seguir
1- Subir a imaxe do logotipo
- Entramos co usuario e contrasinal do administrador
- Accedemos "A miña conta"
- Clicamos na pestana "File Browser"
- Clicamos na opción "Upload"
- Na xanela que se abre pulsamos no botón "Examinar..."
- Abrirase o navegador de arquivos do equipo desde o que esteamos a traballar, nel debemos buscar o logotipo que queremos subir. Unha vez que o teñamos localizado aceptamos.
- Vovlverá automaticamente á xanela de subida, veremos nela o nome do arquivo que seleccionamos e pulsaremos sobre o botón "subir". Teremos ademais a posibilidade nesa mesma xanela de facer copias automaticamente da imaxe en 3 tamaños (recomendamos o medio ou o pequeno)
- Mostrarase unha mensaxe de imaxe subida satisfactoriamente. Xa podemos pechar a xanela de subida de ficheiros.
- Entre os ficheiros que ten o noso usuario seleccionamos o logotipo no tamaño desexado. Na parte inferior da xanela veremos unha vista previa da imaxe. Situámonos sobre ela e co botón dereito do rato seleccionamos a opción de copiar a ruta da imaxe.
2. Configurar a plantilla
- Imos ao menú de Administracción -> Construción da páxina -> Plantillas
- Existen dúas posibilidades: cambiar o logotipo do centro para todas as plantillas ou temas ou cambiar o logotipo do centro para unha plantilla determinada. No primeiro caso pulsamos directamente sobre a opción Configurar -> Configuracións globais .No segundo caso, seleccionamos primeiro da lista o persoal á que queremos cambiarlle o logotipo e logo eliximos a opción de Configurar
- Desprazámonos ata a sección de Configuración da imaxe do logotipo
- Desmarcamos a opción Usa-o logotipo por defecto
- Na opción Ruta á icona personalizada: borramos a dirección que figure e pegamos a url dá imaxe que copiamos anteriormente.
- Borramos toda a primeira parte da dirección ata chegar a palabra system
- Quedará unha dirección parecida a esta: system/files/images/nombredoficheiro.png
- pulsamos o botón de "Garda-la configuración" que está ao final da páxina e listo!