Vídeos en Drupal 6
Na páxina podemos incorporar vídeos acompañando ao contido, de xeito que se poidan reproducir directamente sen ter que depender de portais externos nin incorporar publicidade non desexada.
A publicación é realmente doada pero é certo que durante o proceso Dripal abre numerosas ventás en po-up que poden despistar aos usuarios, asi que facemos aqui unha guía paso a paso con capturas.
É importante saber que os vídeos teñen que estar en FLV (Flash Vídeo), formato específico para a publicación de vídeos a través de Internet e ademais recoméndase que o nome do fheiro flv non leve caracteres raros (espacio en blanco, tils, guións etc)
Pasos a seguir:
- Convertir o vídeo orixinal a formato FLV. Para o que precisamos dun conversos. Un dos conversores máis empregados en Linux é WinFF (incluído tanto na maqueta abalar, como na universal corporativa) trátase dun software sinxelo e de doado manexo. Outro exemplo de conversor para Windos e Mac é Any Video Converter (http://www.any-video-converter.com/download-avc-free.php) que dispón dunha versión gratuita en castelán e que tamén é moi intuitivo de usar.
- Crear un contido na web do centro (por exemplo un contido de tipo páxina, pero vale calquera outro)
- No corpo do texto de acompañamento, premer no botón "Inserter/editar medio embebido"
- na ventana emerxente que se abre premer sobre o botón "Examinar"
- Abrirase en pop-up a ventá do File Browser (Navegador de ficheiros) onde teremos que Subir "Upload" o noso vídeo, premendo no botón
- Abrirase unha nova ventana onde primero Examinamos (premer no botón "Examinar") para localizar o vídeo no noso pc e logo o subimos premendo no botón "Subir"
- Pechamos a ventana (premer na x da esquina superior dereita)
- Prememos no botón de insertar arquivo
da ventá do File Browser
- Na ventá de medidos embebidos poderemos ver xa a ruta do vídeo subido e podemos configurar algúns parámetros como a alineación con respecto ao texto, o tamaño etc. como se amosa de seguido na imaxe:
- Finalmente prememos en Insertar
- Enviamos o novo contido e automaticamente xa o teremos listo para a súa reprodución na web. Vídeo publicado!
Aqui tedes un exemplo: