ISO libre en debian 8.1
- Descargas:
Imaxe cun sistema operativo para equipos enivados pola Xunta de Galicia aos centros educativos, baseada en sistema operativo Linux, Debian 8.1
Está mantida polo equipo de Sistemas abalar (Aula 0) e acaba de lanzar unha nova imaxe da maqueta (abalar libre 16_1.5)
Na aula aberta abalar está dispoñible tanto a imaxe como o manual de instalación actualizado no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/course/view.php?id=85
Esta nova imaxe actualiza paquetes de sistema, navegadores, programas, etc. Pero o máis destacable é o procedemento polo cal se pode automatizar a instalación da maqueta
Opcións de instalación a partir da live:
- Sinxela --> Instala a imaxe nunha única partición e non pide información de linguaxe e particións sendo práticamente desatendida.
- Avanzada --> Instala o sistema dunha única partición, pero solicitando datos de linguaxe, táboa de particións, etc. Tal e como viña facendo ata o momento.
- Personalizada --> Permite definir as particións e instalar o equipos con mais dun sistema operativo, etc.
NOTAS IMPORTANTES
Non válida para equipamento das aulas abalar de centros públicos que se atopa xestionada de xeito centralizado polo Servidor do centro.
- Esta imaxe non incorpora software de encerados dixitais. No caso de empregar esta imaxe para un equipo de aula deberemos descargar o sofware específico do noso encerado; mais información no enderezo : Encerados dixitais. MultiCLASS, Smart e IQ-Board
- Para saber mais de como traballar coa maqueta Debian, consulta o enderezo : Soporte e primeiros pasos coa maqueta Debian 8 Jessie
- Manual sobre cómo crear un USB-live
Adxunto | Tamaño |
---|---|
263n_dun_USB_de_arranque_a_partir_da_imaxe_ISO_dun_sistema_opera.pdf | 511.97 KB |