Skip to Content

10 - CRON

Lanzar cron.

Incluímos un menú só para o administrador do espazo web chamado CRON.  Nel vemos a opción de lanzar CRON. Dita opción é necesaria se queremos que o buscador do espazo web funcione correctamente.

O Cron o que fai e reindexar os contidos do espazo plo que os pon dispoñibles para o buscador.

Os contidos creados despois de lanzar o cron non serán detectados polo buscador ata que este sexa lanzado outra vez.

Existe en Drupal un módulo que nos podería lanzar o CRON automáticamente, pero de momento descartámos dita opción seguindo suxerencias do equipo de sistemas informáticos que mantén os servidores web da Consellería de Educación.

Polo tanto é moi recomendable que cada vez que o administrador do espazo web traballe na web, lanze o CRON.

Tamén se podería lanzar o CRON dende fora do espazo simplemente engadindo a orde cron.php.

Ex: http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/cron.php



book | by Dr. Radut