Skip to Content

Problemas coa restauración de cursos

Acabo de intentar restaurar un curso por primeira vez e aínda que non houbo ningunha mensaxe de erro durante o proceso, o certo é que o curso restaurado ten o código html totalmente desfeito. Consultando o problema en Google, atopei que é un problema ben coñecido da nosa xa vella versión de Moodle, pero a solución pasa polo php e as librerías, algo que hai que resolver no servidor de Santiago. Aquí tedes a información: http://moodle.org/mod/forum/discuss.php?d=115958#p508897 http://docs.moodle.org/en/Backup_FAQ#Restoring_a_course_results_in_broke... A pesar do proceso de migración, agradeceríamos moito que miredes isto.

Problemas coa restauración de cursos

A nos na Sangriña acabanos de pasar o mesmo o tratar de restaurar un curso feito no Moodle no CPI Suarez Marquier do Rosal. Eles teñen o seu Moodle no novo servidor mentras que nos témolo no vello. Imaxino que cando se migre o noso para o novo acabarase o problema. Iso espero. E, por favor, que a migración sexa rápida, o novo servidor vai moito mais veloz que o vello.

Novo servidor

O problema está na versión de Moodle, non no servidor. Tanto o servidor vello como o novo teñen as mesmas versións de Moodle, Drupal e Coppermine, e xa son moi antigas. A versión máis moderna de Moodle resolve este e moitos outros problemas, pero pode pasar bastante tempo ata que remate a migración e comece a actualización. En canto ás velocidade de acceso, está claro que o servidor vello ten serios problemas de tráfico que moitas veces o deixan fóra de servizo, pero en horarios de tráfico baixo, non vexo demasiada melloría nos espazos web que xa migraron. Digo todo isto sen estar na organización de Webs Dinámicas. Agradecería que me corrixiran se non estou no certo.

Novo servidor

Non tes razón en canto a versión. falo da restauración dun curso na mesma versión de Moodle: CPI Manuel Suárez Marquier, no Rosal; e IES A SANGRIÑA, na Guarda. A versión nos dous casos é: Moodle 1.8.5 (Build 20080409). Curiosamente este curso do que falo, feito no CPI Manuel Suárez Marquier, pódese restaurar sin problemas nunha versión superior do Moodle: 1.9.4 (Build 20090128) (www.tecnoloxia.com/aula). O problema é outro, e ten relación co que ti comentaches na túa primeira entrada (versión do php e/ou librerías), de feito seguindo enlace da túa entrada no foro, coméntase que o problema pode suceder entre dous servidores ca mesma versión de moodle instalada (http://tracker.moodle.org/browse/MDL-16759). En canto ao do servidor, ti mesmo o dices, ten serios problemas de tráfico que o deixan fora de servizo. De que nos sirve un servidor para aloxar contidos educativos se cando o necesitamos non funciona e ti tes unha aula chea de alumnos esperando para realizar unha actividade. Ou de que sirve un servidor que vai ben polas tardes se as clases son polas mañás. Dende logo no meu centro o profesorado, que leva tempo traballando no proxecto de páxinas dinámicas, está moi desencantado, moitos están suxerindo a posibilidade de montar un moodle ao marxe da Consellería de Educación, eu mesmo xa teño un montado por os problemas e desconfianza que me produce o de webs dinámicas. Dices tamén que pode pasar bastante tempo ata que remate a migración e comence a actualización, parece como si superas algo que os demais non sabemos. Segundo o que nos dixeron a nós, xa tiñamos que estar todos no novo servidor. Non quería dicir isto aquí, pero teño a sensación que este marabilloso proxecto de webs dinámicas está a ser desatendido. Espero equivocarme pero os problemas que estamos tendo continuamente non me invitan a ser optimista.

Malentendido

Parece que non me explicara ben: estás decindo exactamente o mesmo que eu pretendía decir: tanto no servidor antigo coma no novo, o Moodle é o 1.8.5 -co mesmo php e as mesmas librerías-, e esta combinación de software ten un problema coas restauracións, pero se restauras unha copia de seguridade feita con esta combinación en versións superiores de Moodle... o máis probable é que funcione. Por tanto, mentres no remate a migración e se poñan coa actualización, seguiremos así. Non sei nada que os demás non saiban!: simplemente vou observando a lista cos centros migrados (que está á vista de todo o mundo) e vexo que a migración vai lenta, sobre todo tendo en conta que comezaron durante o verán cos centros que estaban dispostos a comezar de cero (perdendo o pouco que tiñan colgado). Ademais, cando remate a migración, sospeito que a actualización dará problemas porque hai moito salto dende as vellas versións de software que estamos utilizando ata as actuais, pero descoñezo totalmente o proceso informático. Coincido contigo en que utilizar Moodle nas condicións actuais desmoraliza a calquera: puxeron nas nosas mans unha ferramenta maravillosa que, paradóxicamente, debido ao seu éxito entre o profesorado saturou o tráfico do servidor vello e agora non é operativa. Angel Carrera


forum | by Dr. Radut