Skip to Content

Non podemos facer copias de seguridade

Nunca tiven problemas coas copias de seguridade dun curso, pero agora dame un erro se as intento facer como administrador ou como profesor en calquera dos nosos cursos. Fixestes algún cambio na configuración?

Erro ó facer as copias de seguridade dos cursos

Boas compañeiros, este erro está a afectar a tódolos centros do proxecto. Na máquina non se modificou nada polo que estamos a traballar para averiguar que é o que está pasando.

Saúdos e gracias polo aviso.

 

 

Copia seguridade dos cursos: Solucionado

Boas compañeiros, hoxe detectamos o erro que estaba a impedir a realización de copias de seguridade nos cursos de Moodle. Quedou solucionado.

Saúdos

Grazas

Grazas pola rapidísima solución e resposta. Non parecía fácil atopar o erro se como dixestes non fixérades ningún cambio na máquina. Sodes uns artistas.


forum | by Dr. Radut