Skip to Content

Desprazamento da barra lateral dereita

Algúns contidos creados desprazan a barra lateral dereita pero non o encabezado, co cal a nosa páxina queda desconfigurada, o encabezado queda máis pequeno ca o resto da páxina. Na plantilla na que estamos traballando Newsflash estes desprazamentos nótanse moito, na plantilla Bluemarine non tanto. Cal é a solución?

Problemas coa plantilla Newflash

Ola compañeiros, seguramente o voso problema veña da plantilla utilizada. En ocasións por problemas de resolución os bloques descolócanse de maneira que os da dereita pasan para abaixo á esquerda.

Polo volume que está collendo o proxecto recomendamos non empreguedes demasiado tempo na configuración de plantillas, xa que moitas, polo excesivo traballo que suporía, están sen testear adecuadamente. Na próxima actualización reduciremos as plantillas a un número reducido para unha mellora do proxecto.

Recomendámosvos a utilización da plantilla B7 dispoñible en varias cores.

Un saúdo

Asesor SIEGA - Noia



forum | by Dr. Radut