Skip to Content

Non podo ver as imaxes que se suben

Anque aparentemente as imaxes están subidas pois aparecen na carqueta Ficheiros, na navegación web non se mostran, aparece o recadro branco típico. Ademais, na ventá desde a que se insiren as imaxes solicita obrigatoriamente texto alternativo, ¿é isto correcto? Grazas pola axuda.

Imaxes en Moodle.

Boas, o problema que había no voso moodle é un pequeno detalle que quedou da última actualización e que estamos a arranxar entre todos os asesores, xa que hai que ir centro por centro.

No voso centro acabo de arranxalo, probade a ver si vos funciona.

Un saúdo.

 



forum | by Dr. Radut