Skip to Content

Idioma predeterminado

Aínda que entrando na administración estaba predeterminado o galego no Moodle do noso centro (CPI do Feal), o certo e que só funcionaba en inglés. Entón activamos a posibilidade de que o usuario elixira o idioma cun menú na parte superior dereita e de paso engadimos o español. Dende entón, entrando como invitado o idioma predeterminado é o español e entrando como administrador o inglés. Non vemos forma de que o galego sexa o idioma predeterminado para tódolos usuarios.

Administrador en galego

Simplemente será necesario editar a conta do usuario administrador e poñerlle como predeterminado o idioma galego. Gardamos e cando volvamos a entrar xa ese usuario vai a ter o idioma correspondente.

Invitados sen resolver

Na lista de usuarios pódese editar o administrador e efectivamente o galego queda predeterminado. Sen embargo o invitado o usuario non identificado non está na lista e non podemos predeterminar o galego.

Idioma predefinido galego

Cando vou á vosa páxina da aula virtual como usuario non identificado sempre me aparece en galego e probei en varios equipos distintos.

Entendo que vos referides ao usuario non identificado. É posible que se estades probando sempre nun equipo teñades a sesión en caché e vos esté engañando?¿

Revisión do módulo de idiomas

Estamos vendo moitos fallos cos idiomas. Aínda que o ideal sería ter instalados galego, castelán, inglés e francés (as linguas que se traballan en tódolos centros), o sistema non funciona ben sobre todo co Firefox. Solución: deixar só o galego instalado como en Drupal, pero non é posible desintalar o inglés!!... polo que entrando co Firefox aparece todo en inglés aínda que o idioma predeterminado sexa o galego. Agora mesmo, mantemos o menú de idiomas con galego, español internacional e inglés: - O francés agora non se quere instalar - Se instalamos o español de España aparecen menús mesturados co inglés - Aínda que estea o galego predeterminado, en Firefox (e no Explorer a primeira vez) aparece o castelán (o tes que cambiar no menú) - Aínda que se escolla o galego nos menús, entras no curso como convidado e aparece o castelán (a non ser que forces o idioma de cada un dos cursos) En fin, pensamos que temos todo ben configurado: o idioma predeterminado de Moodle, o do administrador... pero isto non vai ben sobre todo no Firefox, teríamos moitas máis anécdotas. É posible que a próxima actualización de Moodle resolva os problemas, pero se non propoñemos que sexa posible deixar instalado exclusivamente o galego (sen o inglés que agora é obrigado).

Idiomas moodle

Recomendámoslle para non ter eses problemas que nos indica:

-Na Administración do sitio>idioma>configuración de idiomas

  • Non mostrar menú de idiomas
  • Se non quere que poidan cambiar de idioma os usuarios unha vez na plataforma, poña gl en "idiomas no menú de idiomas"
  • Sitio local deixeo en branco.

-Cargamoslle o Francés dende Paquetes de idiomas e non tivemos ningún problema.

Na próxima actualización os idiomas van seguir máis o menos igual.

Nunca poderiamos eliminar o inglés xa que a aplicación orixinalmente faise nese idioma e cando hai novos módulos ou variables novas na aplicación, se non tivesen o inglés veriamos código e nin siquera saberiamos que traducir.

Re: Idiomas Moodle

Grazas por todo. - O francés funcionara con anterioridade, así que parece que foi un fallo moi temporal. - A verdade é que a solución de deixar exclusivamente o galego é un pouco drástica, porque sería unha pena non ter menús en inglés, francés ou castelán para os cursos destas materias. - Eu sigo confiando en que futuras actualizacións de Firefox ou de Moodle permitan unha mellor comunicación entre as dúas aplicacións.

Firefox

Parece que o problema está no Firefox. Efectivamente acabo de comprobar que co Internet Explorer tanto cando se abre a páxina principal de Moodle, como cando se da un paso máis e se entra como convidado sen identificar, o idioma predeterminado é o galego. Sen embargo, no mesmo equipo, utilizando o Firefox e limpando previamente a caché, segue aparecendo o castelán. En xeral, é curioso que todo este software libre (Moodle, Drupal e incluso Coppermine) teña máis problemas co Firefox que co Internet Explorer. De tódolos xeitos, moitas grazas pola resposta.


forum | by Dr. Radut