Skip to Content

Permisos do rol profesor

Necesito saber que permisos teño que activar para que un usuario do rol profesor poida: 1) Crear contidos (a lo menos de tipo páxina), que deberán ser colgados únicamente do menú "departamentos" 2) Modificar os contidos creados por os usuarios do seu rol, pero non os do administrador. 3) Empregar o editor do corpo da páxina (coas combinacións de permisos cos que estou probando, desaparéceme). E de momento supoño, que nada mais, en principio cada usuario permito que publique sin necesidade de que o administrador teña que revisar o documento. Un saúdo, e gracias.

Rol Profe

1-En administrar>mantemento de usuarios>control de acceso hai que darlle  permisos ao rol Profe para que poida crear e modificar páxinas.

2-Tamén en administrar>mantemento de usuarios>control de acceso ao rol Profe hai que darlle permisos para empregar Tinymce que ven sendo o editor de textos.

3-En administrar >mantemento de usuarios>Taxonomy access:permissions teño que darlle ao rol profe no menu Departamentos permisos de ver-actualizar-borrar crear-listar. Se no quero que nos outros menús non actualice nin borre nin cree, pois debo correxirlle esos permisos.

4-Moi importante. Cando xa gardei os permisos en Taxónomy acces, debería entrar en Control de acceso e simplemente sair gardando (eso implica confirmar permisos).

+Rol profe

Entendo que o profe si xa pode crear contido. Pero non pode modificalo.

Creo que falta por indicar en "Control de acceso" que o rol profe poida "editar as súas propias páxinas ou propio contido de páxina" "edit own page content".

Sinto non ter contestado antes pero non vin o voso comentario xa que non apareceu numerado.

Sigo toreando o problema

Efectivamente, o permitir "Edit own page content", aparece unha nova opción no menú do profesor: ARTICLES. Non sei si era iso o que se pretendía, pero dende esta opción, o usuario xa pode modificar as páxinas creadas polos profesores. O que non conseguín aínda é que apareza o editor para crear as páxinas, só me aparece o cadro onde escribo o contido, pero non os iconos do editor para poder dar formato ó texto. Teño activada a opción "Access tinymce.

Basic Setup TinyMCE

Acabo de comprobar na vosa páxina que o Tinymce non está para o rol profe.

É dicir: O rol profe ten a permiso de utilizar o tinymce (Administrar>Mantemento de Usuarios>Control de acceso).
Sen embargo, no Basic Setup do Tinymce, cando se creou non se lle dixo que era para profes. Modíficao na ruta: Administrar>Configuración da páxina>TinyMCE, na opción Basic setup, marcas tamén o rol Profe.
Importante: se creásemos un novo rol, que quixeramos que tivese o Tinymce, habería que ir outra vez ao Basic Setup e engadilo.

OK, ¡Proba superadaaaaaaa !

OK, ¡Proba superadaaaaaaa !

Modificando rol rpofe

1.- Activo en node módulo: acceder o contido e create page content. 2.- activo access tinymce 3.- No resto dos menús que non quero que actualice: ver=A, actualizar e borrar = D, create (deshabilitado), Lista (habilitado) 4.- Gardo os cambios en control de acceso ó salir, e gardo tamén en taxónomy acces. Desta maneira non consigo que o profesor poida crear un novo contido, pero non modificar as páxinas que xa ten creadas. ¿Que teño que activar para que poida administrar as páxinas do departamento?


forum | by Dr. Radut