Skip to Content

Profesorado administrando o portal

No IES Pazo da Mercé, estamos a discutir a posibilidade de que o profesrodo poida manter contidos no portal. A idea é que poidan acceder ó menú do seu departamento e poder manipular contidos. A outra posibilidade é que só o administrador pola realizar a tarefa de mantemento dos contidos de todo o portal. Os departamentos entregarían a información necesaria para ter a información actualizada dentro de cada menú. ¿Cómo ides a administrar o portal nos demais centros?

Profesorado

Creo que na maioría dos centros, se creou un rol xeral "profe" con permisos para publicar en certos menús (Departamentos, biblioteca, niveis,...). Logo creamos tantos usuarios como profes hai, asociados ao rol profe.

Non pretendades crear tantos roles como departamentos (máis de dez roles) xa que sería imposible para o administrador/a controlar tantos permisos.

Algún centro, creou un menú cunha carpeta borrador (só visible para o profesorado) de xeito que o rol "profe" só pode publicar en dita carpeta pero cando crea o contido indica en que menú quere que o publique logo o administrador. Esta é unha boa maneira de moderar (controlar) contidos e axuda a aquel profesorado que ten medo a cometer erros.

Profesroado administrando a web

Efectivamente, hai un rol de profesor, pero cando se entra na web como usuario con ese rol, non aparece o menú de usuario, polo que non se accede as tarefas de administración como "crear contido". Tampouco aparecía a opción de saír, pero ese problema xa o solucionei. ¿Cómo hai que facer para habiltar dito menú?.

Rol profesor

Retomando o asunto de administrar o web por o profesorado: Creo un usuario e asígnolle o rol de Profesor, que efectivamente, xa estaba creado. Cando ese usuario entra non aparece o menú do usuario, e polo tanto non ten acceso as opcións de creación de contidos, etc. Tampouco me aparecía a opción de saír, pero iso xa o arranxei colocándoa na cabeceira. ¿como podo activar o menú do usuario creado? Para que poida acceder a súa conta e demais opcións. O da carpeta compartida, queda pendente para mais adiante, xa que supoño que esa será a forma que elexirei para que os profesores actualizen a web. Un saudo e gracias.

A única maneira

Se só unha persoa administra o portal, que pasará cando teña demasiado traballo ou non estexa? É moito mellor que cada un se responsabilice da súa parte. Ademais, deste xeito tamén aprenden e ven os problemas que dá. Así facemos nós.


forum | by Dr. Radut